PolíticaÚltima hora

O PP presenta aos seus cabezas de lista na zona de Ribadavia

É o segundo acto deste tipo que a formación política realiza na provincia, tras a presentación da comarca do Carballiño
Presentación cabezas de lista do PP ás municipais do 2015 da comarca do Ribeiro.
Presentación cabezas de lista do PP ás municipais do 2015 da comarca do Ribeiro.

O PP de Ourense continúa dando a coñecer aos seus candidatos ás alcaldías na provincia de cara ás municipais do 2015. Hai uns días presentaba aos cabezas de lista da comarca do Carballiño e na xornada do 11 de outubro facía o mesmo, pero cos da zona de Ribadavia. Así no Centro Comarcal do Ribeiro tiña lugar un acto no que se anunciaba que repetirán ao fronte das listas do PP o empresario José Camilo Fariñas Viso (63 anos) en Arnoia, Antonio Montero Fernández (49 anos, empregado de banca) en Avión, Gabriel Alén Castro (37 anos) en Cenlle, María Cristina Francisco Vílchez (48 anos) en Melón e Senén Pousa Soto (75 anos) en Beade.

Por primeira vez serán candidatos nas municipais polo PP Lorenzo González Rodríguez (30 anos) en Carballeda de Avia, onde é concelleiro dende o 2007, Avelino Pazos Pérez (43 anos e concelleiro dende 2011) en Castrelo de Miño, Francisco José Fernández Pérez (55 anos) en Leiro, José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos) na entidade menor de Berán e César Manuel Fernández Gil (34 anos, concelleiro dende o 2011) en Ribadavia.

No decurso desta presentación interviñan, entre outros, o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad.

A clausura corría a cargo do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen aludía aos candidatos populares como “uns alcaldes e portavoces municipais que saben o qué ter o respaldo maioritario dos veciños e veciñas”, sinalando tamén que “quedan 225 días para o 24 de maio de 2015 e o PPOU está en actividade permanente”.

Artigos relacionados

Back to top button