O PP presenta aos seus cabezas de lista pola comarca do Carballiño

Trátase do primeiro acto de presentación de candidatos deste partido ás municipais na provincia
Presentación dos cabezas de lista na comarca do Carballiño.

Presentación dos cabezas de lista na comarca do Carballiño.

O PP daba a coñecer na mañá do 4 de outubro os nomes dos seus candidatos á alcaldía dos concellos da comarca do Carballiño. O acto tiña lugar na Casa da Cultura do Carballiño e nel participaban tamén o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, o secretario xeral do partido na provincia, Rosendo Fernández, e o voceiro do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira.

Así no decurso da presentación coñecíase que os empresarios Manuel Penedo Paradela (55 anos) e Alejandro González González (53 anos) encabezarán as listas populares do Irixo e de Maside, respectivamente, mentres que en Boborás o candidato será o médico xubilado Cipriano José Caamaño Castro (65 anos).

Tamén en Beariz volverá a presentarse o profesor de secundaria Manuel Prado López (56 anos), en Punxín, Manuel Vázquez Fernández “Casalta” (74 anos), e en San Amaro Ernesto Pérez González (46 anos), mentres que en Piñor a lista será liderada por José Luis González Rodríguez (47 anos).

Tamén optarán de novo á alcaldía Argimiro Marnotes (arquitecto técnico, 48 anos) no Carballiño e José Luis Valladares Fernández (68 años) en San Cristovo de Cea.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies