Política

O PP presenta aos seus candidatos á alcaldía na zona da Limia

É o terceiro acto deste tipo que organiza esta formación política na provincia de Ourense, tras os de Ribadavia e O Carballiño
Acto de presentación dos candidatos do PP ás municipais do 2015 na zona da Limia.
Acto de presentación dos candidatos do PP ás municipais do 2015 na zona da Limia.

As nove persoas que encabezarán as listas do PP na zona da Limia nas vindeiras eleccións municipais eran presentadas na mañá do 18 de outubro na Casa da Cultura de Xinzo da Limia. Así repetirán como candidatos nesta zona os empresario José Antonio Feijóo Alonso (63 anos) en Baltar e José Manuel Castro Blanco (45 anos) en Os Blancos, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (46 anos, axente facultativo de Medio Ambiente) en Rairiz de Veiga, o empresario Gumersindo Lamas Alvar (49 anos) en Sarreaus, Julio Pérez Carballo (81 anos) en Vilar de Barrio.

Tamén encabezarán a lista do PP nos vindeiros comicios locais Antonio Pérez Rodríguez (45 anos) en Xinzo de Limia, María Concepción Méndez Gándara (67 anos) en Sandiás, Susana Vázquez Dorado (41 anos) en Porqueira e Alberto Fernández Dacal en Vilar de Santos.

O acto contaba coa presenza do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e da membro do Comité Executivo do PPdeG, Rosa Quintana Carballo, así como do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen se encargou da clausura.

Artigos relacionados

Back to top button