PolíticaÚltima hora

O PP presenta aos seus candidatos ás eleccións xerais nun acto en Santiago

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na presentación dos candidatos do PP de Galicia ás Cortes Xerais.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na presentación dos candidatos do PP de Galicia ás Cortes Xerais.

A candidatura dos PP en Galicia ás vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro é a “dun partido que decidiu renovarse grazas a xente que quere dar un paso adiante no seu compromiso cos intereses públicos e a aqueles que deixan paso a outras persoas. Así, a renovación mestúrase con experiencia pero, tamén, nesa propia renovación hai experiencia política, profesional e de xestión”. Así o sinalaba o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo no acto de presentación da lista popular que tiña lugar na mañá do 22 de novembro en Santiago de Compostela.

Ademais Feijóo apuntaba que na candidatura están representadas todas as xeracións e todas as comarcas pero, “sobre todo, as aspiracións das galegas e galegos como son o crecemento, o emprego, o benestar familiar e a política útil”.

Foto conxunta dos candidatos populares.
Foto conxunta dos candidatos populares.

A lista pola provincia de Ourense ao Congreso estará encabezada por Miguel Ángel Viso, seguido de Celso Delgado Arce, Ana Belén Vázquez e María Belén Gómez; mentres que na do Senado o número un é Edelmira Barreira, seguida de María del Carmen Leyte e Francisco José Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button