PolíticaÚltima hora

O PP presenta aos seus candidatos ás municipais na zona electoral de Verín

Con este son xa sete as realizadas por esta formación política na provincia de Ourense
Presentación dos candidatos do PP ás municipais na zona electoral de Verín.
Presentación dos candidatos do PP ás municipais na zona electoral de Verín.

Hai sete semanas o PP de Ourense comezaba unha rolda de presentacións de candidatos ás vindeiras eleccións municipais do 2015 que o 15 de novembro chegaba á zona de Verín. Así a Casa da Cultura desta localidade acollía a sétima presentación deste tipo realizada polo partido na provincia.

O acto principaba ás 11.30 horas coa benvida a cargo do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. De seguido tomaba a palabra o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o voceiro do Comité Executivo do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira. A clausura, como vén sendo habitual, corría a cargo do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen resalta que “a 190 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 75 os cabezas de lista que están presentados a día de hoxe”.

Neste encontro dábanse a coñecer os nomes das once persoas que encabezarán a lista do PP nos concellos da zona electoral de Verín: Manuel Pérez Araújo (44 anos) en Castrelo de Miño, Luciano Rivero Cuquejo (39 anos) en Cualedro, Guillermo Lago Pérez (70 anos) na Gudiña, José Ramón Barreal Novo (49 anos) en Laza, Francisco José Montesinos Rodríguez (48 anos) na Mezquita (que volve ao PP, co que foi xa alcalde deste municipio, logo dunha lexislatura como independente), José Luis Suárez Martínez (46 anos) en Monterrei, Ana María Villarino Pardo (41 anos) en Oímbra, Francisco Armando Veiga Romero (55 anos) no Riós, Emilio José Pazos Ojea (38 anos) en Trasmiras, Juan Manuel Jiménez Morán (58 anos) en Verín, Manuel Cardoso Pérez (59 anos) en Vilardevós,

Artigos relacionados

Back to top button