Eleccións Xerais 26-XEn portadaÚltima hora

O PP recupera o terceiro deputado na provincia de Ourense

En Marea vén de perder no 26X ao seu deputado en favor do PP, mentres o PSdeG-PSOE mantén o seu

urna

Un total de 185.758 ourensáns exercían o seu dereito ao voto na xornada electoral do 26 de xuño para elexir aos seus representantes no Congreso. Isto representa un 69,82% de participación e supón tamén un incremento dun 16,34% con respecto aos comicios do 20 de decembro. Desta volta o partido máis votado en Ourense é, de novo, o PP que suma un total de 91.007 votos (o 49,63% dos sufraxios) e logra recuperar o terceiro deputado, que perdera nos anteriores comicios do 20 de decembro.

A segunda forza política con máis apoios na provincia é o PSdeG-PSOE con 42.878 votos (23,38%), que logra manter o seu deputado. Sen embargo, a formación de Podemos-En Marea-Anova-EU consegue 28.703 votos (15,65%) que non son suficientes para conservar o deputado conseguido nas eleccións xerais de decembro. O cuarto partido por número de votos é Ciudadanos (12.950 votos) e xa en quinto lugar sitúase o BNG con 4.055 votos.

No caso do Senado, votaban 178.894 ourensás e o seu resultado é o mesmo que o do pasado 20 de de decembro: tres senadores para o PP (Edelmira Barreira, Carmen Leyte e Francisco José Fernández) e un para o PSdeG-PSOE (Luis García Mañá).

Artigos relacionados

Back to top button