OurenseÚltima hora

O prazo de presentación dos carteis para o Samaín e os Magostos de Ourense remata o 19 de outubro

O premio do concurso, convocado pola Concellería de Cultura, está dotado con 600 e 800 euros
Castañas asadas.

Ata o venres 19 de outubro, estaá aberto o prazo para presentar os carteis anunciadores para as festividades de Samaín -Festa de Todos os Santos, 31 de outubro- e a dos Magostos –11 de novembro- que participen no concurso convocado pola Concellería de Cultura de Ourense.

Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente os seguintes textos: “Samaín: Mércores, 31 de outubro 2018” e “Magostos: Domingo, 11 de novembro de 2018, Ourense. Festa de interese turístico”. Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados en dous tipos de soporte: Gravados en alta resolución nun CD (lexible en PC), en formato editable (Adobe Photoshop, Illustrator ou Freehand). Ou impresos e pegados sobre cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50×70 cm. adoptando forma vertical.

Ademais, terán un espazo libre igual ou superior a 5 centímetros de alto no seu borde inferior para que, con carácter anterior á impresión, a Concellería de Cultura poida incorporar os logotipos e lendas que considere oportunos. O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 € e os carteis elixidos serán utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades destas festas.

As bases completas están publicadasen ourense.gal e en ourensecultura.com.

Artigos relacionados

Back to top button