CulturaCulturaÚltima hora

O prazo para participar no II Premio de Poesía Forencio Delgado Gurriarán rematará o 8 de novembro

Cada participante poderá presentar ata 3 textos escritos en lingua galega

Parte do cartel da II edición do certame de poesía.

 

Da man do Concello de Vilamartín de Valdeorras vén convocada a segunda edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, cuxo prazo para presentar os traballos rematará o 8 de novembro.

Este galardón, que consta dun único premio de 3.000 euros máis a publicación da obra, ponse en marcha dentro dos actos de homenaxe ao autor e de difusión da súa figura e obra, co obxectivo de “potenciar a obra e a figura dos novos creadores, ofrecéndolles un espazo desde onde poder amosar as súas creacións”, e o requisito imprescindible para poder participar é que esté escrito en lingua galega. Cada participante poderá presentar ata 3 textos.

O xurado encargado de elixir ao ganador, estará formado por personalidades da literatura galega; polo gañador da primeira edición, Jorge Moral, e polo Irmán Maior da Irmandade de Florencio Delgado Gurriarán, Ángel Fernández.

As bases completas do concurso pódense consultar na web do proxecto As letras de Florencio, onde tamén se poden formalizar as inscricións.

Artigos relacionados

Back to top button