CulturaCultura

O prazo para participar no VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea remata o 15 de setembro

O certame foi convocado polo Outono Fotográfico, a Xunta e a Deputación de Lugo
Xosé Lois Vázquez, director do OF; Anxo Lorenzo Secretario Xeral de Cultura; e Vítor Nieve, coordinador do Premio.

O 15 de setembro é a data límite para participar na VI edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, convocado polo Festival Outono Fotográfico, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

O obxecto do certame coordinado por Vítor Nieves, que era presentado a finais de xuño no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) de Santiago de Compostela, é promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento; e tamén promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual fotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

Así pois, poderá participar calquera autor ou autora que traballe coa fotografía con independencia da súa nacionalidade, tendo en conta que no fallo do xurado pesará de modo especial a súa inserción no discurso da fotografía contemporánea.

Concederase un único premio consistente na produción dunha exposición temporal que se inauguraría entre os meses de novembro e decembro de 2018 no marco Outono Fotográfico, e/ou a publicación dun libro.

Bases completas:

http://outonofotografico.com/Galician_Prize_of_Contemporary_Photography.html

 

Artigos relacionados

Back to top button