CulturaCulturaÚltima hora

O prazo para presentar as fotografías do IV concurso “Olladas de Igualdade” na Rúa, remata o 5 de marzo

A iniciativa, organizada polo Concello, enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller
“La pastora” de Javier Yarnoz Sánchez (Pamplona), foto gañadora da III edición do concurso.

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo e co obxectivo de “visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes”, o Concello da Rúa convoca por cuarto ano consecutivo, o concurso de fotografía “Olladas de Igualdade”.

A data límite para presentar os orixinais é o 5 de marzo e xa o día 8 farase público o fallo do xurado establecéndose tres premios: un primeiro de 150 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros. Ademais, coas fotografías presentadas realizarase unha exposición conxunta no Centro Cultural Avenida.

As bases do concurso poder ser consultadas no tablón de anuncios do Concello así como na páxina web municipal arua.gal

Artigos relacionados

Back to top button