En portadaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

O pregón, antesala da XX Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras

A mini-ruta dos coveiros será esta tarde, 5 de agosto, a partires das oito da tarde

Este sábado 6 de agosto celebrarase a partires das 20:30 horas, a XX Festa das Covas organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración co Concello. Unha edición especial porque con ela cumpre o requisito temporal de vinte anos que lle permitirá solicitar a distinción de festa de interese turístico de Galicia, e que contará con actividades complementarias como a Mostra Inxertarte que permanecerá aberta durante todo o día na rúa principal da vila.

Pero antes, como antesala, celebrarse unha mini-ruta para os coveiros na tarde do vernes día 5 de agosto. Este acto, previsto para as oito da tarde na zona de Cerdeirais, comezará coa lectura do pregón da festa, que nesta ocasión correrá a cargo do oncólogo vilamartinés Rafael López, cuxa familia ten unha estreita relación co mundo do viño. De seguido, renderáselle unha homenaxe a tres coveiros da asociación. A partires de aí comezará a celebración nas adegas.

Fotos da pasada edición: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button