CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O pregón de Domingo Díaz dá o pistoletazo de saída á Feira de 1812 en Petín

Uns corenta postos de gastronomía e artesanía asisten á mostra que se estenderá ao longo de toda a fin de semana

Coas lembrazas de infancia e xuventude “os negrillos na praza”, “o bar Central”, “as historias contadas ao redor do pote”… e a lectura dun poema de Manuel Alegre coa mensaxe de “seguir loitando por aquelas cousas importantes que se están perdendo”, Domingo Díaz Docampo, (profesional do audiovisual natural de Petín) remataba o pregón co que se daba por inaugurada unha nova edición da Feira de 1812 en Petín.

A partires de aquí e ao longo de toda a fin de semana, o casco antigo de Petín regresa a finais do século XIX con preto de corenta postos (de doces, artesanía da lousa, do coiro, da madeira, de cerámica, de artesanía, de viño, exposicións de bonsais, de radios antigas,…) que permanecerán abertos ao público en horario de 12 a 15 e de 19 a 23 horas.

Mañá, sábado día 4 de xuño tamén actuará a charanga Sorcha en torno ás oito da tarde e durante os dous días (sábado e domingo) haberá xogos infantís pola tarde e racións de churrasco na taberna pola noite. O domingo antes da clausura (en torno ás nove da noite), procederes ao sorteo de 500 euros entre toda a xente que mercara rifas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button