En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O pregón de “Juanón” inaugura a VI Feira de 1812 en Petín

A festa que conmemora a Constitución de Cádiz, celébrase durante toda a fin de semana no casco vello da vila

Os de Petín nunca son pregóns ao uso, e moi peculiar foi o que Juan Martínez Blanco, máis coñecido como “Juanón”, daba na tarde do 2 de maio no casco de vello.

En clave de humor, facendo rir a todos os presentes, Juanón (veciño de Petín nado en París) fixo un repaso por personaxes da vila que o viu crecer, anécdotas vividas ao carón dun vaso de viño, na praza, no bar Bujía… Entre aplausos e vítores e trala aclamación popular, o pregoeiro da VI Feira de 1812 remataba a súa intervención interpretando o “Himno de Petín”, non se antes agradecer a asistencia dos veciños aos que convidaba a beber os viños de Valdeorras e degustar produtos da terra como “os chourizos e xamóns do Murias”, dixo, asegurando que “os pobos deben xuntarse nestos eventos, e coñecernos uns aos outros, iso é o bonito”.

Con estas palabras e o acompañamento musical do grupo de gaitas Airiños de Caldelas, inaugurábase a feira que se desenvolverá durante toda a fin de semana cun total de 38 expositores no entramado de rúas do casco vello de Petín, contando asemade con actuacións musicais ao longo do día, a presenza dunha compañía de franceses, e mesmo un tren para levar aos cativoas por todo o pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/os-franceses-chegan-petin-esta-fin-de-semana/

Artigos relacionados

Back to top button