OurenseÚltima hora

O pregón de Lorenzo Pérez pon en marcha as Festas do San Xoán en Río

Lorenzo Pérez, pregoeiro de San Xoán de Río./ Foto cedida.

Aínda que non naceu en San Xoán de Río, senón en Casares (Ribas de Sil), Lorenzo Pérez deixou en 1980 a súa terra natal para casar e trasladarse a este municipio de montaña, traballando primeiro como pintor e logo moitos anos como operario do Concello ata a súa xubilación.

Agora os seus veciños veñen de renderlle homenaxe polos seus anos “de traballo no concello, pola súa integración en San Xoán de Río e pola súa amabilidade coa veciñanza”, convertíndoo en pregoeiro das Festas do San Xoán. El era o encargado de ler na tarde do 21 de xuño o pregón desta celebración, abrindo deste xeito un completo e variado programa de actos que se prolongarán ata o 24 de xuño.

Máis información:
https://osil.info/rio-preparase-para-celebrar-as-suas-festas-na-honra-de-san-xoan/

Artigos relacionados

Back to top button