ConcellosÚltima hora

O premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán chega ás residencias da terceira idade

A gala celebrarase o sábado 29 de setembro no Centro Cultural Avenida da Rúa
Anxo Baranga recitará poemas nas residencias da terceira idade./ Foto: Mónica G. Bellver.

O proxecto cultural Al Letras de Florencio afronta unha semana cargada de actividades por toda a comarca, organizadas en torno á gala de entreda do premio de poesía que se celebrará o vindeiro sábado 29 de setembro na Rúa.

En primeiro lugar, retómase a exposición que por mor do tempo non se pudo levar a todos os concellos o curso pasado. Esta semana estará no CEIP Julio Gurriarán e despois percorrerá todos os centros do concello do Barco de Valdeorras, Rubiá e A veiga.

E dos máis pequenos aos maiores, nunha nova actividade que empeza tamén esta semana, ofrecendo aos homes e mulleres que se atopan nos centros de anciáns, actividades musicais e de teatro. “Con estas ademáis de entretelos sabemos que podemos axudar a esquecer as dores do corpo e da alma”, asegura a directora do proxecto Débora Álvarez. Para esta actividade contan con Anxo Baranga, que recitará textos da literatura galega nas residencias de anciáns dos concellos de Rubiá e Vilamartín de Valdeorras, xunto a Rober Fernández que porá música a moitos deles.

E xa na fin de semana celebraranse os actos do premio de poesía. O sábado ás 13h. daranse a coñecer os finalistas do premio nun acto oficial en Corgomo e ás 21h no Centro Cultural Avenida da Rúa terá lugar a gala dirixida polas poetisas María Ladoe Lucía Aldao, onde tamén se fará entrega dos galardóns aos finalistas e darase a coñecer ao gañador do concurso. O domingo a partires das 12:30h. presentarase en Petín a exposición “FDG Bebedeira de ensoños” e seguidamente as poetisas María Lado e Lucía Aldao guiarán un combate poético co colectivo Poetas da Hostia, formado por Xabier xil Xardón, Daniel Landesa, Silvia Penas acompañados da música de Mig Seoane. A continuación os locais hostaleiros de Petín ofrecerán unha sesión vermú con petiscos e aperitivos.

 

Cartel das actividades.

Artigos relacionados

Back to top button