CulturaCulturaÚltima hora

O Premio do Público do VI FIC Vía XIV de Verín, obra de Javier Yáñez

Este creador tematiza construcións e reproduce dende pedras e ladrillo ata maseira e pezas artesáns con morteiro

Javier Yáñez co Premio do Público./ Cedida.

 

A imaxe gráfica do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, realizada con morteiro polo creador Javier Yáñez ,será a peza que se entregue como Premio do Público na sexta edición deste certame. “O Premio do Público ten un valor especial para Verín posto que son os propios asistentes ao FIC os que, coas súas votacións, o determinan e cada ano queremos que un creador local se ocupe da súa realización”, destaca Carlos Montero, director do FIC.

Este ano a encarga fíxoselle a Javier Yáñez, de Tematizados Javigal, que coa súa destreza moldea o morteiro (mestura de cemento ou cal con área e auga) e tematiza construcións reproducindo dende pedras e ladrillo ata maseira e pezas artesáns.

 

Cedida.

 

 

Decoración de fachadas e interiores

A través da súa empresa, Javier Yáñez dedicase fundamentalmente á decoración de fachadas e interiores. Pero nesta ocasión fixo unha peza especial para o FIC, que reproduce fielmente o deseño que a ilustradora Aurora López realizou para esta edición do certame.
Yáñez alégrase de ter o sido o elixido este ano para crear o Premio do Público porque é un xeito de colaborar cunha iniciativa cultural da vila “que contribúe a situar Verín no mapa”.

Artigos relacionados

Back to top button