En portadaÚltima hora

O presidente da Deputación propón que a Estación de Montaña de Manzaneda leve o nome de José Luis Outeiriño

O programa “Horizonte 2020” ten por obxecto explorar as tendencias da demanda enerxética e a integración de enerxías renovables
Estación de Montaña de Manzaneda.

O pasado 26 de marzo faleceu José Luis Outeiriño Rodríguez, “a persoa que soñou e fixo realidade a Estación de Montaña de Manzaneda, empresario do mundo da comunicación, gran emprendedor, e un dos máis grandes ourensáns de todos os tempos”, asegura o presidente da Deputación Manuel Baltar, motivo polo que na súa condición de membro do consello de administración de MEISA, propuxo á entidade que as instalacións pasen a denominarse “Estación de Montaña de Manzaneda-José Luis Outeiriño”.

 

Reunión do consello de administración de MEISA no Pazo Provincial.

 

O consello de administración reunido na mañá do 8 de abril aprobou a proposta, abordando tamén temas de ámbito económico, infraestruturas e o proxecto de innivación, así como o programa “Horizonte 2020” da Unión Europea, “un proxecto que situará á estación de Manzaneda na vangarda do medio ambiente e a sostibilidade”, valora Manuel Baltar. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto explorar as tendencias da demanda enerxética e a integración de enerxías renovables. Para elo, co soporte de Everis Ingeniería, implantaría sistemas de enerxía renovable e de almacenamento de enerxía eléctrica; disporía dun sistema de testeo de novas estratexias de resposta á demanda enerxética, así como de novas tipoloxías de contratos de enerxía e de instalacións de tomas de carga para vehículos eléctricos e dotación destes.

O proxecto, liderado pola Universidade de Bruxelas, terá unha duración de 36 meses e contará coa participaran de quince entidades públicas e privadas de Bélxica, Reino Unido, Polonia, Grecia, Holanda, Italia, España, China, India e EEUU. O orzamento é de seis millóns de euros.

Artigos relacionados

Back to top button