ConcellosÚltima hora

O barquense Alfredo García inclúe á Fegamp na loita contra a probreza social

O presidente da federación firma un manifesto de adhesión coa Xunta para dar un novo impulso ás familias con máis dificultades
Momento no que se procedía á sinatura do documento de adhesión.
Momento no que se procedía á sinatura do documento de adhesión.

O alcalde do Barco, Alfredo García, asinou este mediodía en calidade de presidente da Fegamp un manifesto de adhesión para loitar contra a pobreza de forma conxunta coa administración autonómica. O documento tamén foi subscrito pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Deste xeito, ambas entidades adhírense á axenda social única elaborada pola Xunta nun acto que presidiu o seu titular, Alberto Núñez Feijóo.

O responsable da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presidirá a sinatura do manifesto de adhesión da Federación Galega de Municipios e Provincias e da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social á nova Axenda Social de Galicia como mecanismo para asumir os desafíos sociais actuais.
O responsable da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou a sinatura do convenio de colaboración.

Neste senso, o presidente do goberno autonómico valorou o documento: “co compromiso que temos coas familias que teñen menos recursos, e especialmente coas familias con nenos a cargo, asinamos esta Axenda Social Única para dar un novo impulso ás familias con máis dificultades”, salientou.

Feijóo explicou que con este acordo “plasmamos a coordinación que nos esixe a Lei de Servizos Sociais, que pon de manifesto que esta competencia non é exclusiva de ninguén, senón compartida entre a comunidade e os concellos”.

Así, o documento asinado pon de manifesto que a Axenda Social contemplará medidas dirixidas de xeito prioritario a fogares con menores de 16 anos a cargo e con ingresos de traballo inferiores aos limiares da Risga.

Nesta liña, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social comprométense a colaborar e cooperar no desenvolvemento das devanditas medidas, así como promover a inclusión social das persoas e familias máis vulnerables, paliando deste xeito os efectos da exclusión.

Artigos relacionados

Back to top button