OurenseÚltima hora

O presidente da Xunta acomete unha renovación no goberno galego

As novas conselleiras e conselleiros tomarán posesión mañá xoves no Pazo de Raxoi

 

O presidente da Xunta, asinando o decreto.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinaba nesta mañá os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e polos que nomea novas conselleiras e conselleiros. Esta renovación prodúcese despois de que dous conselleiros (Beatriz Mato e José Manuel Rey) decidisen deixar o goberno para presentarse como candidatos ás próximas eleccións municipais e “supón un novo impulso para abordar os retos aos que se enfronta Galicia ás portas dunha nova década”, segundo a administración galega.

A remodelación supón tamén a creación dunha Consellería de Cultura e Turismo que dirixirá Román Rodríguez González. Pola súa banda, Carmen Pomar Tojo será a nova conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A Consellería de Medio Ambiente e Territorio incorpora as competencias de Vivenda, e será dirixida por Ángeles Vázquez Mejuto. Pola súa banda, Ethel Vázquez Mourelle estará á fronte de Infraestruturas e Mobilidade, departamento que asumirá as competencias en materia de Auga.

Así mesmo, Fabiola García Martínez dirixirá a partir de agora a Consellería de Política Social, e o ourensán José González Vázquez será o novo conselleiro do Medio Rural. Os novos membros do Goberno tomarán posesión do cargo mañá xoves no Pazo de Raxoi ás 10 horas.

 

Estrutura do novo goberno galego:

 

Artigos relacionados

Back to top button