PolíticaÚltima hora

O presidente da Xunta nomea aos membros do seu goberno

Hai cambios nas consellerías de Sanidade, que pasa a mans de Julio García, e de Educación, que se engloba en Cultura, onde se mantén Román Rodríguez. Ademais créase unha Consellería de Emprego

O presidente da Xunta, no momento de asinar o decreto.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vén de asinar na mañá deste domingo o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito:

 

Desta maneira mantéñense nove conselleiros do goberno da anterior lexislatura e créase unha vicepresidencia segunda, cuxo titular é Francisco Conde. Ademais hai cambios na consellería de Sanidade, que pasará a estar dirixida por Julio García Comesaña, médico que ocupou a xerencia da Área Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco. Por outra banda, a consellería de Educación únese coa de Cultura, onde continuará Román Rodríguez.

 

Julio García Comesaña será o novo conselleiro de Sanidade./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Outra das novidades é a creación da Consellería de Emprego e Igualdade, á fronte da cal se sitúa a María Jesús Lorenzana, experta en emprego.

Artigos relacionados

Back to top button