OurenseÚltima hora

O presidente da Xunta visita o novo Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar

 

Os veciños do Pereiro de Aguiar contarán, a partir da vindeira semana, cun novo Centro de Saúde cun 54% máis de superficie do que que tiña o anterior e con máis servizos. Así o aseguraba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, na visita que realizaba esta mañá ás instalacións do novo Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar, na que estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, polo delegado da Xunta na provincia, polo presidente da Deputación e polo alcalde deste municipio ourensán, entre outras autoridades.

Así, nunha superficie total de 682 metros cadrados, a nova infraestrutura dispón dunha zona de asistencia sanitaria con: 3 consultas de medicina xeral, 2 consultas de enfermería, unha sala polivalente, unha consulta da muller, enfermaría pediátrica, pediatría e outras salas.

Nesta visita, Feijóo aludía á construción ou renovación de 38 centros de saúde máis nesta lexislatura. “O noso compromiso é facer un servizo galego de saúde novo tanto na atención hospitalaria, como nos centros de atención primaria”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button