CD BarcoDeportesÚltima hora

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, un dos vicepresidentes da ACGFútbol para o período 2020/2024

A outra vicepresidencia osténtaa Lupe Murillo do Pontevedra CF SAD

O presidente do C.D. Barco Nilo Ramos. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O presidente da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGFútbol), Ángel A. Fernández Lendoiro, propoñía na mañá deste domingo 7 de xuño, nunha reunión telemática, a composición da nova xunta directiva para o período 2020/2024, á que se incorporan Lupe Murillo (Pontevedra CF SAD) e Nelson Barreiro (Puebla CF). Lupe ocupará unha das dúas novas vicepresidencias, ostentando Nilo Ramos (CD Barco) a outra.

Manuel Rábade e Jose Gerpe continuarán no seu papel de secretario e tesourero, respectivamente. Ocuparán posto de vogal Óscar Martínez (Silva SD), que ostentará tamén o papel de voceiro, Paco Ruiz (Racing Club Villalbés), Toño Vázquez (SDC Órdenes) e Nelson Barreiro (Puebla CF).

Artigos relacionados

Back to top button
Close