En portadaSanidadeÚltima hora

O primeiro bebé do ano 2020 en Galicia é o barquense Iago

Nacía ás 00:15h. deste 1 de xaneiro no Hospital Comarcal Valdeorras do Barco

 

O Hospital Comarcal Valdeorras do Barco acollía o primeiro parto do ano en toda Galicia. Ás 00:15h. do 1 de xaneiro deste novo 2020 nacía Iago, fillo de Elena (de 34 anos) e de Roberto (de 38 anos), pesaba 2,845 quilos.

 

Elena e Roberto, co seu fillo Iago no Hospital Comarcal Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Apenas un cuarto de hora despois, pero xa na provincia de Lugo, no Hospital Universitario Lucus Augusti nacía o segundo bebé galego, neste caso era unha nena, Carlota, con 3,150 quilos de peso. E ás 1:11 horas vía á luz Yisela no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con 3,670 quilos.

O cuarto bebé galego deste ano 2020 é tamén ourensán. Trátase de Leo e nacía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ás 1:17h. deste 1 de xaneiro, cun peso de 3,320 quilos.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button