CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O primeiro concerto “Sons de Banda no Camiño de Inverno” en Vilamartín, en imaxes

A Banda de Música do Barco actuaba ante numeroso público acompañada polo contador de historias Eladio Santos

Por vez primeira a localidade de Vilamartín convertíase en escenario dun concerto da Banda de Música do Barco. Esta actuación, celebrada o 28 de setembro a partires da 20h. na praza José Luis Núñez, chegaba no marco do ciclo “Sons de Banda no Camiño de Inverno”. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

Ademais da música da banda, que dirixe Manuel Prada Ramos, tamén podían escoitarse as historias de Eladio Santos, membro de Gargallada Teatro. Numerosas persoas seguían esta actuación, a primeira dun ciclo de catro que terán continuidade da vindeira primavera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e vídeo do concerto:
https://osil.info/a-banda-do-barco-enceta-en-vilamartin-a-sua-ruta-de-sons-polo-camino-de-inverno/

Artigos relacionados

Back to top button