CulturaCulturaÚltima hora

O primeiro documental da ruesa Ana Domínguez chega a Sudamérica

Os Fillos da Vide preséntase este domingo no 36º Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay
Ana Domínguez na estrea do documental no CCA da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

A viticultura e o viñedo son os eixos sobre os que xira Os Fillos da Vide, o primeiro documental da ruesa Ana Domínguez Díaz. Nel, esta valdeorresa regresa ás súas raíces para adéntrase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e de quenes os habitan, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes paganas e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade. Unha forma de vida ligada á vide hoxe perdida, pero que Domínguez trata de rescatar neste traballo, cuxa rodaxe concluía no verán do 2013 na Rúa.

Cinco anos despois cruza o charco para presentarse a nivel internacional. Será no 36º Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay na sección Nuevos Realizadores, xunto a traballos de Alemania, Portugal, Bélxica ou Arxentina.

As proxeccións están previstas para este domingo 1 de abril na Sala 2 e para o día 7 na Sala Cinemateca.

 

Cartel do documental. /Foto: Lucía Rolle.

Artigos relacionados

Back to top button