ConcellosO BarcoÚltima hora

O primeiro dos intercambios internacionais promovidos por “Valdeorras Vive”, na recta final

Neste verán esta entidade levará a cabo na comarca ata tres programas de mobilidade xuvenil internacional (Youth Exchanges) a través do programa Eramus+

Os mozos participantes neste programa de mobilidade coa concelleira de Cultura e o edil de Turismo do Barco./ Cedida.

 

Estase desenvolvendo o primeiro dos tres programas de mobilidade xuvenil que se levarán a cabo este verán na comarca a través da Asociación Valdeorras Vive. Desenvolverase entre o 7 e o 14 de xullo baixo o título “Xacobeo 2021, The Winter Way“. Trátase dunha experiencia na que se segue o Camiño de Inverno, no treito que vai dende Ponferrada ata Vilamartín. Nela participan 20 mozos e mozas, dos cales 5 serán de Valdeorras, e os demais de Turquía, Bosnia e Romanía.

Este grupo de mozos visitaban esta mañá o Concello do Barco, onde mantiñan un encontro co concelleiro de Turismo, Eladio Santos, e coa concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

Valdeorras acollerá neste verán ata tres programas de mobilidade xuvenil internacional (Youth Exchanges) a través do programa Eramus+. A iniciativa está promovida pola Asociación Valdeorras Vive e desenvolverase entre xullo e agosto, reunindo a un total de 88 mozos (de entre 18 e 30 anos) de ata 12 nacionalidades diferentes (de dentro e fóra da Unión Europea) na comarca.

Artigos relacionados

Back to top button