EconomíaEconomíaÚltima hora

O primeiro licor do mundo de malta de cebada e lúpulo é ourensán

Presentábao no mediodía do 7 de decembro a adega Dama Alaricana en Allariz
Presentación do novo licor da adega Dama Alaricana.
Presentación do novo licor da adega Dama Alaricana.

“Four Malts” é o nome do primero licor do mundo elaborado con maltas de cebada e lúpulo que, a diferencia doutros como o whiskey, son maceradas nun destilado base de cebada e maíz. Así se destacaba na presentación neste producto ourensán que se presentaba no mediodía do 7 de decembro na praza de abastos de Allariz.

Este novo licor está elaborado pola adega Dama Alaricana e con preténdese continuar o éxito das cervezas artesás que Dama Alaricana vén elaborando dende o ano 2012. De feito, a base da nova bebida é a mesma malta que se usa en Dama Alaricana Queimada, unha de sus catro variedades de cervexas desta adega, tal e como apuntaba o seu responsable, Darío Conde.

En “Four Malts”, do mesmo xeito que no mes resto de produtos de Dama Alaricana, empréganse “produtos 100% naturais, sen colorantes nin aditivos. O seu sabor especial é frouto dunha base de destilado de cebada e millo, máis a utilización na maceración de ata catro maltas diferentes (pale ale, melanoidine, caramel light aromática), ás que posteriormente se lle engade lúpulo en flor (variedade amarillo)”, segundo se informa dende a adega.

Tamén destacan a súa maceración con catro maltas, que é o que dá nome ao licor. Trátase dun procedemento especial, único no mundo, desenvolvido durante varios meses de ensaios en Allariz ata conseguir un equilibrio adecuado de aromas e sabores.

 

Licor "Four Malts" de Dama Alaricana.
Licor “Four Malts” de Dama Alaricana.

“Four Malts”, con 25 graos de alcohol, preséntase no mercado cunha botella de 70 centilitros. Do mesmo xeito que no resto dos seus produtos (cervexas e marmeladas), Dama Alaricana aposta neste licor por unha produción “artesanal e limitada, onde o mimo á calidade de cada un dos lotes é a máxima prioridade”. Xa está dispoñible en tendas gourmet, establecementos de hostalería e a través de la web da adega: www.damaalaricana.es

 

Artigos relacionados

Back to top button