OurenseÚltima hora

O primeiro Salón Car Outlet Ourense, do 20 ao 22 de maio

Acauto e Expourense presentan a feira mañá mércores día 11
Presentan a feira mañá mércores, en Expourense.
Presentan a feira mañá mércores, en Expourense.

O sector do automóbil de Ourense dá un paso máis para ofrecer máis produtos a un mellor prezo configurando a primeira edición do Salón Car Outlet da provincia. Este evento, que se celebrará do 20 ao 22 de maio, será presentado nun acto programado para mañá, mércores 11, ás 11:00 horas, no que intervirán representantes da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) e Expourense.

A feira de mostras buscará ofrecer aos visitantes todo tipo de vehículos a prezos de saldo. A tendencia low cost será a protagonista entre os produtos que recollerá o recinto feiral de Expourense. Mañá, na presentación intervirá o presidente de Acauto, Ramón Seijas, unha das organizacións promotoras do evento. Tamén falará o vicepresidente deste colectivo, Gerardo Aragonés. E ambos estarán acompañados polo coordinador de Negocio Institucional de Abanca, José Manuel Nogueira, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Texto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button