OurenseÚltima hora

O profesor ourensán José Paz donará á Deputación sete bibliotecas temáticas

A colección máis importante está integrada por máis de 30.000 volumes dedicados ao premio nobel de literatura Rabindranath Tagore, o que suporía “o mellor punto de partida para a creación en Ourense dun Centro Tagore"

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con José Paz Rodríguez (Mestre Universitario e especialista na obra de Rabindranath Tagore).

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo provincial ao mestre e profesor universitario José Paz, ao que expresou a máxima receptividade da institución á súa proposta de doazón das sete bibliotecas temáticas que o mestre ourensán foi creando desde principios da década dos anos sesenta do pasado século. Son bibliotecas que xiran en torno a temas como o cine e artes da imaxe; pedagóxica e profesional; a cultura galaico-portuguesa e lusófona; actividades de tempo libre; arte popular; e unha monografía sobre Ourense e aspectos ourensáns. Con todo,

destaca unha colección con máis de 30.000 volumes referida ao premio nobel de literatura Rabindranath Tagore e que, segundo adiantou o presidente provincial, “sería o mellor punto de partida para a creación en Ourense dun Centro Tagore, integrando á provincia nunha elitista rede internacional de centros dedicados ao intelectual bengalí”.

Manuel Baltar cualificou a proposta de doazón como “unha oferta que Ourense non pode rexeitar, posto que contribuirá a consolidar o carácter da nosa provincia como territorio creativo e referente do turismo cultural”. Para o presidente da Deputación, “Paz é un dos grandes mestres da historia de Ourense, cunha importante traxectoria na India que fala da súa internacionalidade, pero ademais cun rigor, unha profesionalidade e un amor pola cultura, o coñecemento e os libros á que temos que ser sensibles, celebrando o seu altruísmo, a súa xenerosidade e que pense en clave de Ourense”.

En próximas semanas Manuel Baltar manterá unha nova reunión co mestre ourensán para estudar as posibles ubicacións das sete coleccións, “ben na cidade, nunha estratexia na que tamén podería entrar o Concello de Ourense, ou en distintos puntos da provincia cun lugar sinalado na súa localidade de nacemento, Corna, no Concello de Piñor.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button