OurenseÚltima hora

O programa “Camiños Sonoros” chega ao Mosteiro de Oseira e a Xinzo de Limia

O ciclo musical consta de tres novos concertos a cargo do alumnado dos conservatorios de Vigo, Ourense e Santiago de Compostela

O programa de actuacións musicais “Camiños Sonoros”, organizado pola Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, chega esta fin de semana ao Mosteiro de Cea, en San Cristovo de Cea, e á igrexa de Santa Mariña, en Xinzo de Limia. Esta iniciativa consiste na realización concertos ao longo da Vía da Prata durante os meses de maio, xuño e xullo de 2019, realizados por estudantes do último ciclo e profesores dos devanditos conservatorios e ten como obxectivo a promoción e divulgación do Camiño de Santiago a través da música. Así, este ciclo conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración dos conservatorios de música de Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, A Estrada, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

 

 

 

O Mosteiro de Oseira albergará a primeira cita destes “Camiños Sonoros”. Será o venres día 5 de xullo ás 19:15h. O reflectorio Monumental será o escenario de Angela Neto e Erea Blanco, alumnas do Conservatorio Superior de Música de Vigo, cun concerto de violín barroco e cravo.

 

Unha das edicións de “Camiños Sonoros”.

 

 

Por outra banda, o resto da fin de semana, o enclave dos concertos será na igrexa de Santa Mariña, en Xinzo de Limia. O sábado día 6 comezará ás 20:45h. e correrá a cargo dos alumnos do Conservatorio Pofesional de Música de Ourense, Estela Rodríguez e Miguel Guillermo Sáez, cun concerto de clarinete e piano. Mentres que o domingo día 7, a actuación comezará tamén ás 20:45h. e os protagonistas serán Cristina López, á frauta, e Miguel Vizoso ao piano, ambos do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.

Texto: Alba Prada

 

Artigos relacionados

Back to top button