OurenseÚltima hora

O programa “Concilia Verán” de Ourense, cunha participación de mil nenos

Desenvolvese en varios colexios da cidade e este ano sumáronse sete novos centros

Mil escolares de Infantil e Primaria participan nos campamentos de verán que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense nos colexios da cidade. A concelleira María Teresa Rodríguez Garrido supervisou esta mañá o desenvolvemento da actividade, nunha visita ao CEIP Albino Núñez, no barrio do Pino. Este é un dos 7 novos centros que se incorporan este ano ao programa “Concilia Verán”.

 

 

A actividade reforzouse para chegar a máis colexios (11 en total) e a máis participantes, aproximadamente o dobre ca en 2019, coa finalidade de “atender as necesidades de conciliación familiar e laboral na cidade durante os meses de verán, cando nenos e nenas desfrutan das súas vacacións escolares, ao tempo que achegar o servizo a máis barrios da cidade”.

Tamén coa mesma finalidade, esténdese a duración dos campamentos ao mes de agosto, para “facilitarlles este mesmo recurso ás familias que o precisan nese mes. Os campamentos incorporan este ano todas as medidas de prevención e hixiene que se fan necesarias despois da pandemia da Covid-19”.

 

 

O horario é de luns a venres, de 8:30 a 14.30 horas e participan nenos e nenas de 5 a 12 anos: desde 6º de Educación Infantil, rematado este ano, até 6º de Educación Primaria.

Artigos relacionados

Back to top button