En portadaÚltima hora

O programa de verán de Viana, repleto de actividades

O campamento abriu o calendario o 1 de xullo, e non rematará ata o 31 de agosto

O programa de verán de Viana do Bolo vén repleto de actividades. Así, o campamento abriu o calendario o 1 de xullo e as actividades non cesarán ata o 31 de agosto.

 

O alcalde, Secundino Fernández, xunto coa concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

 

Nestes días estanse a desenvolver actividades como a ludoteca ou o programa “Viana Creando”, con distintos obradoiros que se prolongarán durante todo o mes de xullo.

Na mañá do venres 19 de xullo, veñen de presentarse os actos correspondentes ao mes de agosto, por parte do alcalde de Viana, Secundino Fernández, e da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

Así, en agosto comezará a bibliopiscina, que terá lugar todos os venres do mes. Ademais, a música tamén será protagonista na vila coa III Foliada no Castelo (3 de agosto), o Festival Coral e Banda (4 de agosto) e a Mostra de Corais (10 de agosto).

 

Cartel.

 

A Praza do Toural acollerá o Desfile Jorge Álvarez Estilistas e o deporte chegará a Viana o 9,10 e 11 de Agosto co VIII Maratón Vila de Viana Fútbol Sala. Pola súa banda, as festas patronais, que se celebran do 10 ao 17 de agosto, estarán cheas de actividades musicais, deportivas, infantís, culturais, e sobre todo festivas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close