OurenseÚltima hora

O programa educativo infantil Kero Kolo regresa a Verín

As sesións desenvolveranse os martes e xoves, de 11 a 12:30h. na aula de psicomotricidade do Pavillón Municipal de Deportes

A aula de psicomotricidade do Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá todos os martes e xoves de 11 a 12:30h. as novas sesións do programa infantil Kero Kolo.

Trátase dunha iniciativa que busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de 0 a 3 anos), acompañados pola persoa directora das sesións, asentando así as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais.

O programa ten por obxectivo crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

As inscricións pódense realizar no Servizo de Educación e Apoio familiar situado na Casa da Xuventude ou no teléfono 988 41 476.

 

Cartel do programa Kero Kolo.

Artigos relacionados

Back to top button