EconomíaEconomíaÚltima hora

O programa Verán Cultural de Parada de Sil, cargado de actividades

A cultura e a música inundarán o concello durante estes meses

 

Mosteiro de Santa Cristina. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Parada de Sil estreou o seu programa Verán Cultural o pasado 10 de agosto. Así, diversas actividades musicais e culturais encheran o concello durantes estes meses.

En agosto, terán lugar diversas actividades: o día 23 ás 18:00 horas, Pedro García Bugarín levará a maxia ao pobo; o 24 terá lugar o V Certame de Corais na Igrexa de Santa Mariña; mentres que o día 30 serán a visita teatralizada no Mosteiro de Santa Cristina e a actividade Cociñando a Igualdade, con David Ballesteros.

 

Cartel do programa.

 

Esta última actividade terá unha segunda parte o día 6 de setembro. Ademais, neste mesmo mes terán lugar un taller de música no Mosteiro de Santa Cristina e o IV Concerto de Ecos de Pedra, no mesmo lugar.

Artigos relacionados

Back to top button