OurenseÚltima hora

O programa VeránEarte de Ourense, cargado de actividades na vindeira semana

Haberá actividades para todos os públicos: cine, música, baile, cociña, fotografía…

 

Aldaolado durante unha actuación.

 

O programa ourensán de VeránEarte vén cargado de actividades para esta semana do 19 ao 23 de agosto. Así, cine, música, baile, cociña ou fotografía inundarán a cidade.

O luns proxectarase A vida de Brian na Praza San Marcial ás 21:30 horas, dentro do programa Cinema na praza, organizado polo Cineclube Padre Feijóo. Así, o martes 23 será o turno do espectáculo de poesía e música de Aldaolado, organizado polo colectivo O Espertello.

A Tenda do Comercio Xusto acollerá o mércores 21, un obradoiro de cociña ecolóxica dirixido a nenos e nenas a partires de 5 anos. Así, o mesmo día na Praza San Cosme haberá unha cata de novas variedades de tomate.

O xoves día 22, será o turno no novo circo Fóra do normal no Mirador San Francisco. Por último, no Café Cultural El Pueblo terá lugar un obradoiro sobre fotografía de rúa, os venres 23 ás 20:30 horas.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close