ConcellosÚltima hora

O Programa Xuvenil “Viana Creando” trae un curso de introdución ao deseño gráfico

Terá lugar o 22 e 23 de xullo de 11:00 a 14 horas na aula CeMIT da Casa da Cultura

Un curso de introdución ao deseño gráfico será impartido dentro do Programa Xuvenil “Viana Creando”. Desenvolverase na aula CeMIT da Casa da Cultura os días 22 e 23 de xullo de 11:00 a 14:00 horas.

Trátase dun obradoiro no que os participantes aprenderán a crear logotipos, iconas, bocetos e ilustracións para calquera formato: impreso, web, interactivo, vídeo e móbil. Ademais, aprenderán como usar ferramentas de edición de imaxes como o Adobe Photoshop.

As inscripcións faranse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Viana do Bolo.

 

Cartel.

 

Artigos relacionados

Back to top button