DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O provincial escolar de natación reúne no Barco a preto de 60 cativos

O equipo anfitrión, o Adas Natación, sumaba ata dez podios nas diferentes probas

Unha gran acollida tivo o campionato provincial de Xogos galegos deportivos (Xogade) celebrado na tarde do 21 de abril, que reunía na piscina climatizada do Barco de Valdeorras a preto de sesenta cativos das categorías alevín e benxamín de cinco equipos ourensáns.

Con preto de vinte inscritos, o club anfitrión, o Adas Natación, lograba un total de dez podios nas diferentes probas: cinco primeiros postos (entre eles un por equipos), catro segundos e un terceiro.

Tamén participaron cativos do CPR Miraflores con nove podios; do AQA Escualos, con seis podios; da AD A Limia con un; e do Guillelme Brown.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella e Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas que son decidas.

Artigos relacionados

Back to top button