ConcellosÚltima hora

O proxecto “Creando Redes” preséntase na Rúa

O acto contaba coa presenza do director xeral do Igape
Acto de presentación deste proxecto, celebrado no Concello da Rúa.
Acto de presentación deste proxecto, celebrado no Concello da Rúa.

Impulsar a colaboración para reforzar o tecido económico local das comarcas de Valdeorras, Viana e Verín. Este é o obxectivo do proxecto “Creando Redes” que se presentaba na mañá do 3 de xuño na Rúa coa presenza do director xeral do Igape, Javier Aguilera. No acto participaron diversos alcaldes do oriente ourensán e tamén do delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

o proxecto “persegue fortalecer as capacidades e coñecementos da rede de Axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) da zona e promover a creación e xestión de redes de traballo, tanto entre os propios profesionais, como entre os empresarios do territorio, todo elo co fin de dinamizar o tecido produtivo e explotar as oportunidades das comarcas”, segundo se informa dende a Consellería de Economía e Industria. Trátase de promover tanto a cooperación entre empresarios como a articulación e dinamización de redes de axentes de promoción económica para as comarcas de Verín, Viana e Valdeorras.

O proceso de formación e asesoramento, tanto presencial como en liña, desenvolverase ata fin de ano para formar aos participantes e promover a configuración de redes empresariais e redes profesionais entre os propios axentes de desenvolvemento local ou técnicos de promoción económica dos concellos.

Javier Aguilera aludía durante a presentación á importancia de poñer a disposición do tecido empresarial en xeral, e dos emprendedores das comarcas de Viana, Verín e Valdeorras en particular, unha ampla oferta de servizos e apoios para a creación e o desenvolvemento de novas empresas, en sintonía co especial marco de apoio do Impulsa Ourense.

Neste sentido, destacou que os empresarios das comarcas xa poden acceder a diferentes liñas do programa integral de financiamento Galicia 1000, destinado a cubrir as distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button