Esta conferencia, que correrá a cargo de Davide Rodríguez, está prevista para esta tarde de 28 de xaneiro ás 19h. no edificio multiusos
Nas castañas e na multifuncionalidade dos soutos centrarase a derradeira das sesións divulgativas das Xornadas sobre Oportunidades do Medio Rural, que organiza o Concello do Barco. A partires das 19h. desta tarde de luns 28 de xaneiro, Davide Rodríguez, un dos socios de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, impartirá no edificio multiusos unha conferencia para amosar o seu proxecto que aposta polo aproveitamento sostible dos soutos.
Ademais unha das características desta cooperativa, que xa está a elaborar produtos transformados de castaña como fariña ou bicas, e a súa posta por recuperar antigos soutos de castiñeiros centenarios que estaban abandonados e que agora están producindo de novo nas terras de Manzaneda.