OurenseÚltima hora

O proxecto da EDAR de San Cibrao das Viñas, cun orzamento de 30 millóns de euros, na fase final de tramitación

A Comisión de seguimento do Barbaña, presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense e polo presidente da CHMS, reuníase esta mañá

Reunión da Comisión do Barbaña na Subdelegación do Goberno en Ourense.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, José Antonio Quiroga, copresidían esta mañá a reunión da Comisión de Seguimento do Barbaña, que se celebrabana Subdelegación do Goberno. Ao encontro tamén asistiron os alcaldes de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar; representantes do Concello de Ourense, da Deputación Provincial e da Xunta en Ourense; os presidentes dos polígonos industriais de San Cibrao, Pereiro e Barreiros; así como representantes do colectivo ecoloxista Ríos Limpos e da A.VV. Barbaña.

Emilio González sinalou que as actuacións previstas no proxecto de saneamento suporán a mellora da calidade das augas do Barbaña. Así mesmo, sinalou que a implicación de todas as Administracións e a concienciación social e do tecido empresarial “son clave para evitar episodios recorrentes de contaminación ao río”.

Pola súa banda, José A. Quiroga, presidente da Subdelegación do Goberno sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 30 millóns de euros, atópase na recta final de tramitación, estando prevista a súa licitación para finais deste mesmo ano. “É importante destacar que a execución do proxecto non preserva por si soa das verteduras ao leito, senón que é necesaria a xestión adecuada do sistema de saneamento, de competencia municipal”, matizou Quiroga.

A Comisión Permanente foi creada no ano 2019 a instancias da Subdelegación do Goberno para establecer unha canle común e coordinar ás diferentes Administracións, co interese de avaliar e levar a cabo solucións concretas que poñan fin ao problema recorrente de contaminación ao río Barbaña.

 

O presidente da CHMS e o subdelegado do Goberno, respondendo aos medios de comunicación.

 

Situación actual do proxecto

O proxecto atópase na recta final de tramitación previa á licitación. Neste sentido, o pasado 20 de outubro a Dirección Xeral da auga autorizou á CHMS á incoación do expediente de información pública do proxecto, o seu estudo de impacto ambiental e a relación de bens e dereitos afectados, así como o trámite de consultas ambientais ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas.

A continuación, enumérase a situación actual e os trámites previos á licitación do proxecto que posibilitará o saneamento integral do río Barbaña:
1. Rematada a exposición pública do proxecto.
2. Finalizado tamén o prazo de alegacións.
3. Trabállase na elaboración dun informe para a Avogacía do Estado, que se estima estea resolto en dúas semanas, preceptivo e vinculante, para remitir, cara a finais de febreiro, xunto co proxecto ao MITERD para a Avaliación de Impacto Ambiental.
4. Procedemento de Avaliación Ambiental que se resolverá en aproximadamente 8 meses.
5. Cumpridos estes trámites, cara a finais de ano, procederase á licitación do proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button