CulturaCulturaÚltima hora

O proxecto de “corredores peonís seguros” reúne as directrices fronte ao Covid no Camiño de Santiago

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda asegura que "o Goberno galego seguirá a traballar nun Camiño seguro para que cando as circunstancias sanitarias o permitan, os peregrinos poidan facer a ruta con todas as garantías

 

Reforzar a seguridade fronte ao Covid-19 no Camiño de Santiago e así minimizar os riscos de contaxio nos concellos que atravesa a ruta, é o obxectivo que se marca a Xunta para que todos os visitantes teñan garantido “un Camiño seguro e, de cara ao Xacobeo 2021, fomentar a reactivación económica do turismo galego”.

Así o destacaba na xornada deste mércores 4 de novemebro o vicepresidente primeiro da Xunta, na presentación do plan de continxencia para os corredores peonís seguros, que reúnen as directrices fronte ao coronavirus elaboradas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para aplicar nos 11 concellos galegos polos que discorre o Camiño Francés, e que se estenderá ás demais rutas do Camiño de Santiago.

No acto, Alfonso Rueda incidiu en que o Goberno galego seguirá a traballar “nun Camiño seguro que permita que os visitantes que polas circunstancias sanitarias agora non poden realizar a ruta, e tamén aqueles que non tiñan planeado facelo e agora si, poidan vir con toda a seguridade en canto sexa posible e a situación o permita”. Desta forma, sinalou que o Camiño de Santiago está a demostrar incluso “nestes momentos difíciles” o seu potencial coa entrega de máis de 40.000 Compostelas, polo que aposta en que, de cara ao Xacobeo 2021, siga demostrando que os visitantes poden atopar en Galicia “un destino seguro” e valores “que agora adquiren máis relevancia e son máis demandados como os espazos abertos e non masificados”.

O proxecto de corredores peonís seguros inclúe recomendacións a aplicar por estas entidades locais nas súas instalacións e servizos turísticos sobre os protocolos de prevención ante a covid-19 en canto ao distanciamento e control de aforo, limpeza e desinfección, información aos peregrinos e actuacións ante casos de infección. Ademais, contempla análises das zonas de risco ao longo do Camiño, así como a identificación dos espazos públicos singulares no trazado e os riscos nos distintos servizos públicos prestados aos camiñantes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button