CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O proxecto de voluntariado da Biblioteca de Verín, recoñecido pola American Library Association

É un dos 36 proxectos de diferentes partes do mundo seleccionados por esta prestixiosa biblioteca internacional

Unha das actividades incluídas no proxecto de voluntariado da Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

 

Novo recoñecemento para a Biblioteca de Verín. O seu proxecto “Voluntariado Cultural para o fomento á lectura” vén de colocar “á institución verinense no máis alto das prácticas bibliotecarias”, tal e como se destaca dende o Concello. A American Library Association, a máis antiga e importante do mundo, que este ano 2020 buscaba destacar o valor das bibliotecas na promoción da xustiza social e a inclusión, seleccionou 36 proxectos de todo o mundo.

A doutora Grace Yan Liu, copresidenta do Comité de Conexións Internacionais do IRRT (pertencente á Asociación Americana de Bibliotecas) notificoulle á Biblioteca de Verín a súa selección, así coma a exposición pública do seu proxecto no Congreso Internacional de Chicago (Illinois – Estados Unidos) que íase celebrar do 25 ao 30 de xuño, e que anualmente congrega máis dun millón de persoas. Estaba previsto que a Biblioteca de Verín estivera presente en devandito evento, que por mor da pandemia provocada pola COVID-19 foi suspendido e realizarase de xeito virtual, coa exposición dunha fotografía de gran formato (2×2 metros) xunto con unha explicación do proxecto, segundo explica o Concello de Verín.

“Esta nominación é una nova proba de que Verín é o verdadeiro peso pesado da cultura do sur de Galicia. No centenario da Xeración Nós, o que queda claro é que o motor cultural da provincia de Ourense desprazouse para o sur”, destaca o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

“Como xa estamos afeitos, a nosa Biblioteca Municipal obséquianos cun novo e importantísimo recoñecemento ao gran labor desempeñado durante estes últimos anos polos seus profesionais. Desde o Concello de Verín reiteramos o noso compromiso coa cultura en todos os seus ámbitos, xa que un pobo que lé é un pobo con futuro”, resalta de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza.

Entre as bibliotecas seleccionadas este ano coma mellores prácticas do mundo, atópanse entre outras entidades da importancia coma Ferguson Library, (Stamford), State Library of Queensland, (Australia), Helsinki Central Library Oodi, (Helsinki, Finland), West Vancouver Memorial Library, (British Columbia, Canada), Zentral- und Landesbibliothek Berlin, (Alemania), Charles Evans Inniss Memorial Library University of New York (Brooklyn, New York), University of Victoria Libraries, (Canada), e nove proxectos españois incluído o da biblioteca verinesa, sendo a única de entidade municipal e menor tamaño e capacidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close