CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O proxecto do colectivo cultural “Barullo” preséntase nun recital poético no Barco

Este acto, no que tamén se dará a coñecer o novo fanzine desta agrupación, está previsto para o vindeiro venres 23 de agosto ás 21h. na Praza do Sagrado

 

 

O colectivo cultural “Barullo” realizará o vindeiro venres 23 de agosto ás 21h. un recital poético de micro aberto na Praza do Sagrado do Barco de Valdeorras, no Café Teatro Bajo 5. No evento presentarase o número 3 do fanzine e un proxecto de microedicións literarias, ámbolos dous editados polo devandito colectivo.

“Barullo Microedicións” ten previsto publicar obras de artistas valdeorreses de xeito independente e en formato pequeno. “Na primeira quenda, que verá a luz no recital, sairán á luz unha antoloxía poética e dúas publicacións de narrativa breve, así como o terceiro exemplar dos fanzines, cuxas páxinas están a disposición de todos aqueles que queiran dar a coñecer as súas creacións. Ademais, serán presentadas tamén as reedicións dos números 1 e 2”, tal e como adiantan dende o colectivo “Barullo”.

O recital estará aberto a participación da calquera persoa interesada que se achegue pola Praza do Sagrado, ao “tratarse dun micro aberto”, destacan. Tamén están programadas actuacións musicais e lecturas dos textos do último número do seu fanzine.

Artigos relacionados

Back to top button