ConcellosÚltima hora

O proxecto enerxético suporá un aforro de máis do 70% no alumeado público do Barco

Vén de presentarse o borrador da auditoría para o alumeado público e a enerxía eléctrica en varios edificios municipais
A concelleira de Medio Ambiente do Barco. Diana Urdangaray./ Foto: Mónica G. Bellver.

A concelleira de Medio Ambiente do Barco de Valdeorras, Diana Urdangaray, vén de presentar ante a comisión de Medio Ambiente o borrador da auditoría enerxética encargada polo Concello para a optimización do alumeado público e a enerxía eléctrica dos edificios Multiusos e Teatro Municipal Lauro Olmo.

Malia que aínda non son definitivo, os estudos, realizados pola empresa Energylab suporán segundo o Concello, un investimento de entre 667.000 e 964.000 euros na mellora do alumeado público, co que se conseguirá un aforro de entre o 70 e o 72%. O proxecto será realizado ao longo de varios anos e a súa execución suporá asemade unha “redución moi importante na emisión de CO2 no alumeado público do Concello”, aseguran dende o ente local.

Artigos relacionados

Back to top button