EconomíaEconomíaÚltima hora

O proxecto “Faba Loba das Montañas de Trevinca” segue medrando

Esta iniciativa, na que participan 22 persoas, ten logrado sementar máis de 11.000 m cadrados de terras abandonadas, segundo o Concello da Veiga

Un total de 22 persoas están inscritas no programa “Faba Loba das Montañas de Trevinca”, promovido polo Concello da Veiga. A iniciativa comezaba coa solicitude de autorización da marca do mesmo nome que o prorama e coa “autorización de uso das instalación municipais creadas ao efecto, a aquelas persoas naturais ou xurídicas do termo municipal de A Veiga que cumpran o establecido no regulamento”, segundo o alcalde veigués, Juan Anta.

A continuación procedíase a dar as indicación para levar a cabo a sementa da faba Loba. Actualmente tense sementadas un total de 11.000 m2 de fabas lobas da variedade local Phaseolus coccineus, en diferentes pobos da Veiga entre eles, Seoane, Lamalonga, Espiño, Corzos, Requeixo, Casdenodres, Baños, Pradolongo e a propia vila.

“O Concello aprobou de maneira paralela a marca, o reglamento de desarrollo, solicitou o rexistro sanitario, e adquiriu a semente, as estacas, alambrada… A cada participante facilitóuselle semente da variedade Phaseolus coccineus, para sementar nos seus eidos coas normas e distancias marcadas no regulamento da marca Faba Loba das Montañas de Trevinca. Unha vez sementada estase levando a cabo o estaquillado e entutorado das fabas”, explica o rexedor.

A partir deste momento o Concello tutelará o procedemento ata a súa recollida, que se executará con “estritas normas de calidade para que resulte un extraordinario produto para a súa futura comercialización”, matiza Juan Anta, quen agradece aos veciños a súa participación nesta iniciativa.

“O que está a suceder na Veiga obedece á ilusión da xente, esa ilusión e o esforzo de todos cambiarán o futuro do noso concello. Proxectos deste tipo son os que poñen o territorio en valor, os que buscan que os veciños teñan oportunidades”, sinala o alcalde que adianta que haberá máis proxectos destas características.

Artigos relacionados

Back to top button