OurenseÚltima hora

O proxecto “Kilómetros de Cooperación” chega a Ourense

Nesta iniciativa solidaria colabora Bombeiros Unidos Sen Fronteiras
Juan Manuel Arrazola á súa chegada a Ourense./ Foto: cedida polo Concello de Ourense.
Juan Manuel Arrazola á súa chegada a Ourense./ Foto: cedida polo Concello de Ourense.

Percorrer un total de 1.170 kilómetros a pé, a través dun sistema de donación online. Niso consiste o proxecto “Kilómetros de Cooperación”, que na mañá do 16 de xullo recalaba na cidade de Ourense da man de Juan Manuel Arrazola.

Trátase dunha iniciativa na que colabora Bombeiros Unidos Sen Fronteiras (BUSF) e o fondo que se recolecte no seu decurso será destinado a consolidar unha Unidade Canina de Rescate en Santo Domingo, debidamente formada e dotada, con capacidade de dar unha resposta rápida e eficaz na búsqueda e rescate de víctimas, en caso de desastres naturais en calquera parte do país.

No momento de chegar á praza Maior de Ourense Juan Manuel Arrazola foi saudado polo alcalde da cidade, Agustín Fernández, así como polas concelleiras de Comercio, Juana Ageitos, e de Saúde e Benestar Social, Marga Martín.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button