OurenseÚltima hora

O proxecto municipal para explotar a xeotermia, máis preto do financiamento

A proposta do programa GEOAtlantic supera a primeira fase da candidatura dentro dos proxectos que buscan apoio da UE
Imaxe da fonte da Burga, un dos puntos onde emana auga termal.
Imaxe da fonte da Burga, un dos puntos onde emana auga termal. // Foto: S.F.

O proxecto do Concello de Ourense para ir máis alá na explotación da enerxía xeotérmica da cidade está un paso máis preto de acadar financiamento da Unión Europea. A proposta presentada en maio dentro do programa GEOAtlantic vén de superar a primeira fase da candidatura. Das 425 solicitudes, só 100 pasan á segunda fase en réxime de concorrencia competitiva. De acadar luz verde tamén nesta etapa, o proxecto pasaría a estar subvencionado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da UE.

A iniciativa está suscrita por un consorcio de socios liderado dende Ourense, no que figuran institucións de España, Portugal, Reino Unido, Francia e Irlanda. Pretende estudar as posibilidades de desenvolvemento da enerxía xeotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos da súa utilización.

Artigos relacionados

Back to top button