Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O “Proxecto Noé” de Sarabela enche o Auditorio de Trives

A compañía teatral ourensá presentaba o seu novo espectáculo para público familiar na tarde do 28 de decembro nesta vila

Apenas un mes despois da súa estrea, a compañía ourensá Sarabela Teatro vén de representar en Trives o seu espectáculo para público familiar “Proxecto Noé”. Está dirixido por Fina Calleja e interpretado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. A obra representábase na tarde do 28 de decembro en Trives e enchía o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives.

A obra está protragonizada por tres pingüíns que, ante o diluvio universal, só dispoñen dous único boletos para a arca de Noé foron os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente que non deixou indiferente ao público.

Nesta peza tócanse cuestións como o valor da amizade e da conservación do planeta, “que é coma unha gran arca que todos debemos de coidar; da convivencia, respectándose os uns aos outros e vivindo en paz; ou do pensamento crítico, quedan perfectamente reflectidos en toda a obra”, destacan dende o Concello de Trives.

E todo iso aderezado con humor nun teatro de familia do que disfrutaron os arredor de 100 asistentes.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button