CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O “Proxecto Noee” de Sarabela, vía streaming, dende o Auditorio de Quiroga

 

O vindeiro domingo, día 8 de novembro ás 18h. estaba programado o espectáculo infantil “Proxecto Noee” a cargo de Sarabela Teatro no Auditorio Municipal. de Quiroga Pero, co “obxectivo de protexer á poboación e por prudencia ante a situación sanitaria do noso país, o Concello non está a desenvolver actividades que supoñan concentración de público”, sinalan dende a administración local.

Deste xeito esta representación teatral desenvolverase tal e como estaba previsto, pero sen público na sala, “mais aproveitando as posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía todos os veciños poden ver e gozar deste espectáculo mediante a retransmisión en directo (a través de streaming)  https://youtube.be/LoMNnS_s8c “, tal e como informa o Concello de Quiroga.

Esta actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia, a través do “Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2020/2021, está dirixida a público infantil e familiar e ten como obxectivo a transmisión de valores como a amizade, a conservación do planeta, a convivencia e o pensamento crítico a través das peripecias que lle ocorren a tres pingüíns.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button