EconomíaEconomíaÚltima hora

Profesionais de 17 países participarán no congreso internacional “Termalismo 2021-2027″, no Balneario de Lobios

O simposio, que analizará o papel dos balnearios no desenvolvemento socioeconómico dos territorios, celebrarase os días 17 e 18 de setembro

Presentación do Congreso “Termalismo 2021-2027”.

 

Os días 17 e 18 de setembro o Balneario de Lobios acollerá un congreso internacional que baixo o título “Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico”, analizará o papel dos balnearios no desenvolvemento socioeconómico dos territorios nos que están situados.

A presentación deste evento formativo, organizado polo proxecto “Raia Termal” e co liderado da Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e os municipios transfronteirizos de Terras de Bouro e Melgaço, tiña lugar na mañá do 10 de setembro na sala de xuntas da Subdelegación de Goberno en Ourense, contando entre outroa coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e do presidente da CH Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Tal como explicou o vicepresidente da deputacion, “trátase dun evento internacional que pretende converterse nun espazo de reflexión sobre a procura de fórmulas de cooperación para manter e incrementar a contribución do sector termal ás economías dos pequenos municipios nos que se asentan maioritariamente estas instalacións”. Pola súa parte, o presidente da CHMS destacou a gran acollida do simposio, afirmando que “o primeiro día que se abre o prazo para participar no evento, xa se apuntaron 60 persoas a nivel internacional”. Neste mesmo sentido salientou que participarán nel persoas procedentes de 17 países: España, Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Croacia, Arxentina, Brasil, Costa Rica, Colombia, México, Chile, Ecuador, Panamá, Tailandia e Emiratos Árabes. “Isto demostra a importancia do termalismo como un dos piares do desenvolvemento sostible do mundo rural tan golpeado polo envellecemento, o despoboamento, a falta de nacementos e, neste contexto, a actividade termal é un elemento fundamental para o desenvolvemento destas zonas”, sinalou José Antonio Quiroga.

 

José Antonio Quiroga, Rosendo Fernández e José Adriano Lima.

 

No congreso participarán relatores internacionais expertos na materia e, “froito da relevancia do evento, tamén estarán presentes dous Secretarios de Estado: o de Turismo de Portugal e o de Medio Ambiente de España”, engadiu o presidente da CHMS. Mentres que, José Adriano Lima dixo que este evento internacional amosará a importancia dos balnearios termais, “fontes de riqueza”, na dinamización dos territorios, así como a relevancia destes proxectos para combater o reto demográfico.

Oproxecto “Raia Termal”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Este proxecto pretende poñer en valor os recursos naturais termais e vertebrar de xeito conxunto as iniciativas de xestión e comercialización para crear un único destino termal de fronteira e contribuír así ao desenvolvemento do termalismo e favorecer o turismo de calidade na zona transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button